InicioCulturaPonteareas recupera a súa memoria histórica

Ponteareas recupera a súa memoria histórica

O Concello pon en marcha coa Deputación de Pontevedra un programa de actividades coas que achegarse dun xeito distinto ás vivencias da represión e da ditadura

PUBLICADO O

- Advertisement -

Reivindicar as ideas transformadoras que estaban vixentes antes do golpe de Estado de 1936 e achegar ao público dun xeito diferente ás vivencias da represión e da ditadura. Ese é o obxectivo das actividades de memoria histórica postas en marcha polo Concello de Ponteareas en colaboración coa Deputación de Pontevedra ao abeiro do programa ‘O pasado por vir’.

Esta é unha iniciativa coa que tamén se pretender dar a coñecer as iniciativas que se estaban levando a cabo no primeiro terzo do século XX en Galicia, constatar a gran perda que supuxo para a toda a sociedade e “recuperar non só a memoria dos nomes, rostros e biografías dunha xeración oprimida, senón tamén e, sobre todo, dos seus ideais devastados e do país que querían construír e que foi aniquilado”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

O programa de actividades arranca esta mesma fin de semana con teatro e fotografía. Este domingo 30 de outubro a sala multiúsos do auditorio municipal a representación da obra ‘A señora de Forcadela’, da compañía Os Quinquilláns. Durante o próximo mes, o público ponteareán tamén achegarase ao Museo Municipal para coñecer un anaco da historia a través da exposición ‘Rexas. Mulleres baixo o terror franquista’, unha escolma da historia de represión sufrida por 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e que, polo feito de ser mulleres, sufriron vexacións de corte sexista.

O programa de actividades rematará o vindeiro 22 de novembro cunha charla a cargo de Montse Fajardo sobre ‘A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas’.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...