InicioCondado-ParadantaPonteareas lánzase á caza da velutina

Ponteareas lánzase á caza da velutina

PUBLICADO O

A veciñanza de Ponteareas está decidida a acabar cunha das principais plagas que hai no concello; a das velutinas. Por iso, un nutrido grupo de veciños asistiu á reunión informativa para o control desta plaga que tivo lugar no concello e no que coñeceron as novas técnicas para a captura de raíñas e as novas fórmulas melloradas de líquidos atraíntes.

Da man da Asociación Galega de Apicultura (AGA)  actualizaron os coñecementos para combater de xeito selectivo a captura de velutinas na primavera que ten como obxectivo reducir o número de  niños secundarios. O alcalde Xosé Represas lembrou que é unha competencia da Xunta de Galicia que debe realizar un plan de acción para desenvolver en todo o territorio e destinar os medios precisos para a investigación e os fondos.

Nun comunicado, o concello insistiu en que continuará loitando con esta plaga adoptando as medidas precisas para frear o seu impacto ao mesmo tempo que esixe á Xunta de Galicia que asuma as súas responsabilidades e facilite aos concellos ferramentas e métodos para protexer as especies autóctonas e propias da zona fronte a esta especie invasora.

“Estamos a disposición da Xunta para colaborar pero son eles os que deben poñer os medios e os cartos para esta acción global que debe ser planificada e sustetanda na investigación”, indicou Represas.

Charla en Ponteareas para erradicar a Plaga da velutina / Concello de Poteareas

ÚLTIMAS

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...

Traballadores de Vitrasa saen de novo á rúa para solicitar que a empresa e o goberno local acheguen unha solución

Decenas de traballadores de Vitrasa, concesionaria municipal do transporte urbano da cidade de Vigo,...

Policías nacionais denuncian falta de efectivos no Nadal e piden unha vía de emerxencias libre de tráfico

Os sindicatos da Policía Nacional CEP e Jupol denunciaron este xoves falta de axentes na cidade de Vigo para...

Excarceran unha condutora tras saír da vía en Mos

A condutora dun turismo resultou ferida e tivo que ser excarcerada tras saírse da...