InicioSociedadeA rapazada de Tui recolle preto de 4.000 quilos de lixo

A rapazada de Tui recolle preto de 4.000 quilos de lixo

Sete centros educativos participaron na iniciativa 'Educalimpando' do Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A primeira edición de Educalimpando, a recollida simultánea de lixo organizada polo Concello de Tui, rematou con “éxito” trala participación de sete centros escolares con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

O obxectivo desta actividade, que nace con vocación de continuidade e que se celebra anualmente, é concienciar sobre a importancia de non deixar lixo na natureza para respectar o medio ambiente. Preto de 650 persoas entre alumnado e profesorado dos CEIP’s nº2, Caldelas, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, o Colexio Maristas, e o IES Indalecio Pérez Tizón levaron a cabo o pasado día 10 esta recollida simultánea de lixo nos propios centros educativos pero tamén na súa contorna.  

Acumularon, en total, preto de 4000 mil quilos de lixo que foi separado nas distintas fraccións, de maneira que o reconto final foi de 30 bolsas de 100 litros de fracción resto, 31 bolsas de 50 litros de envases, e 4 bolsas de papel e cartón.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...