InicioPolíticaPor que tardan tanto as axudas para os 263 afectados de Paramos?

Por que tardan tanto as axudas para os 263 afectados de Paramos?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei e unha serie de preguntas dirixidas ao Ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, para instalo a iniciar o procedemento de declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil o lugar de Paramos, que padeceu a demoledora explosión de pirotecnia.

A deputada de En Marea pide imediatez para que se aproben canto antes as medidas contempladas no artigo 24 da lei que comprende axudas económicas a particulares, así como medidas fiscais de exención tributaria e medidas laborais e de Seguridade Social.

A deputada de En Marea traslada ao Goberno de Sáncez as terríbeis consecuencias da explosión de material pirotécnico que tivo lugar o 23 de maio en Paramos e que provocou a destrución de 31 vivendas, 86 casas con impactos moi graves nas súas estruturas, 311 con diversos danos e 66 vehículos prexudicados.

 

“Mais de 33 familias tiveron que abandoar os seus fogares. O número de persoas afectadas superou os 263. Moitos perderon todas as súas pertenencias e non poden facer fronte aos gastos económicos derivados do desastre”, engadiu.

Pón de manifesto que o concello de Tui aprobou nun pleno do pasado 1 de xuño solicitar a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de proteción civil. Considera Fernández Gómez que “a onda explosiva rexistradas en Paramos e os seus catastróficos danos axústase perfectamente ás características descritas na lei”.

Neste sentido, reclama ao Goberno que proceda canto antes e atenda as reivindicacións de veciños e veciñas que o 1 de xullo se manifestaron en Tui pedindo esta declaración e celeridade. Alexandra Fernández considera que a estas alturas dito trámite tiña que estar xa avanzado porque o desastre é evidente.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...