InicioCulturaTui xa forma parte da Red de Juderías de España

Tui xa forma parte da Red de Juderías de España

Suporá un gran paso na posta en valor e promoción do seu patrimonio serfardí.

PUBLICADO O

Tui entra a formar parte da Red de Juderías de España. Así o acordou onte na súa Asemblea Xeral celebrada en Madrid esta entidade conformada por 18 municipios, que a partir de xuño estará constituída por 22 coa incorporación de Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Precisamente a entrada efectiva producirase na segunda asemblea da Red a finais de xuño.

“Tui presentou o ano pasado a súa candidatura para entrar a formar parte da Red de Juderías de España coma un paso importante e imprescindible para seguir pondo en valor e promocionando o seu patrimonio vinculado á presenza de xudeus e xudeus conversos na cidade“, apunta o concello nun comunicado.

O proceso incluíu a presentación dunha memoria, a defensa da candidatura e a visita á cidade do comité avaliador. Concluíu co visto e prace dando onte pola asemblea xeral onde a Comisión de Admisión de Cidades expuxo as súas conclusións.  Dende a Red de Juderías valoran o legado xudeu que Tui atesoura no que destacan os Sambenitos, pezas únicas en Europa, atopados na Catedral de Tui. Tamén a presenza da casa de Salomón na rúa Canicou, única na súa tipoloxía en Galicia, cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda, xunto á menorá gravada na pedra do claustro catedralicio, que testemuña a relación existente entre a comunidade xudía e a cristiá.

PROMOCIÓN TURÍSTICA

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou que Tui entra así nun grupo de cidades moi selectas en canto a patrimonio, o que “pon a Tui noutra división a efectos de promoción turística e patrimonial, e recoñecemento da importancia patrimonial e histórica que ten a cidade”. “Isto pode redundar na dinamización da economía de Tui con xeración de emprego e investimento, e pode ser quen de xerar investimento privado para a rehabilitación patrimonial”, engadiu.

Coa entrada de Tui na Red de Juderías o alcalde avanzou que se deseñará un programa de actuacións encamiñados a cumprimentar os requisitos de pertencer á Rede e para aproveitar  o potencial que representa, cun bo traballo de recuperación do patrimonio. Precisamente o Plan Director de Turismo, arestora en redacción, terá xa en conta esta pertenza á Red de Juderías de España.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...