InicioSucesosAbandona cachorros na estrada e deixa outro morto ao seu lado

Abandona cachorros na estrada e deixa outro morto ao seu lado

Desprazados a esta estrada, os axentes localizaron aos cachorros, ademais de percartarse de que había outro can morto na beiravía da PO-340. O investigado reside nunha casa nas inmediacións da zona e tíñase constancia de que alí había animais en condicións hixiénicas "moi deficientes".

PUBLICADO O

Un veciño de Tui permanece investigado tras ser identificado como responsable do abandono de tres cachorros nunha estrada e, máis tarde, descubrirse que tiña no seu domicilio varios animais en malas condicións. Garda Civil explicou que axentes do Seprona recibiron o aviso por parte das protectoras de animais de Tui e Valença do Minho de que foran vistos tres cachorros nunha estrada que foran abandonados por un vehículo con matrícula española.

Desprazados a esta estrada, os axentes localizaron aos cachorros, ademais de percartarse de que había outro can morto na beiravía da PO-340. O investigado reside nunha casa nas inmediacións da zona e tíñase constancia de que alí había animais en condicións hixiénicas “moi deficientes”. A patrulla do Seprona mobilizada observou desde o exterior da casa que había varios cachorros “de características similares aos abandonados”, que o investigado aceptou entregar á protectora.

Por mor destes feitos, o Seprona levou a cabo unha inspección na casa, onde localizaron animais “nunhas condicións hixiénico sanitarias deficientes, con gran acumulación de esterco e zonas alagadas por auga”. Así as cousas, a Garda Civil formulou unha denuncia por abandono e malos tratos animais contra este home, que conta con antecedentes policiais por feitos similares.

ÚLTIMAS

Stellantis anuncia que venderá coches eléctricos chineses desde Vigo

O conselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, anunciou este martes que a 'joint venture'...

A “tensión” entre os socios remata con Atunlo en concurso de acredores

A conserveira galega Atunlo presentou este martes no Xulgado do Mercantil número 3 de...

Dous mozos, detidos a pasada fin de semana por senllos episodios de violencia de xénero

Dous mozos foron detidos esta pasada fin de semana en Vigo tras producirse dous...

Luz verde ao contrato de emerxencia do transporte sanitario urxente da área viguesa, mentres se tramita o concurso

O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo...