Denuncian unha talla indiscriminada de árbores na estación de tren de Tui

CGT e Ecoloxistas en Acción denuncian que entre estas árbores atópanse especímens centenarios que aparentemente están sáns e estables.

Árbores da estación de tren de Tui/Ecoloxistas en Acción

Segundo CGT e Ecoloxistas en Acción, ADIF confirmou a súa intención de talar a totalidade das árbores que se atopan na contorna da estación de ferrocarril de Tui. Denuncian que entre estas árbores atópanse especímens centenarios que aparentemente están sáns e estables.

Consideran que a súa corta supón un dano irreparable ao ecosistema que é innecesario e que perfectamente pódese evitar cunha poda selectiva. Tamén solicitan que antes da corta se evalúe o estado das árbores que se atopan na contorna da estación de Tui.

“A tala debe limitarse aos especimenes que supoñan un perigo de desplome polo seu mal estado ou inestabilidade. Evitando así a corta de árbores sans que no supoñen ningún risco para as infraestruturas ferroviarias.” sinala Xaquín Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here