InicioDeportesTomiño, canteira de piragüistas de éxito

Tomiño, canteira de piragüistas de éxito

O Concello ofreceu este venres unha recepción na que gabou as traxectorias de Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez.

PUBLICADO O

O Concello de Tomiño organizou este venres unha recepción aos piragüistas tomiñeses Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez, dous deportistas que, explica o consistorio, “están acadando importantes logros para este deporte a nivel estatal e internacional e que levan o nome de Tomiño por todo o mundo”.

Estamos moi orgullosos e orgullosas da canteira que temos, do traballo que están a facer e da implicación coa que viven este deporte”, salientou a alcaldesa, Sandra González. A rexedora gabou os últimos trunfos de Manuel Ochoa, que fixo historia ao acadar a medalla de prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo, onde se coroou como un dos mellores deportistas do mundo nesta categoría.

Un recoñecemento que para Ochoa é “moi importante, porque ao final é de onde veño, onde comecei a adestrar e o que me preparou para a miña carreira e para os logros que estou obtendo”, explicou. “Agora as miñas miras están postas nos Xogos Olímpicos, un proxecto que sei que non é doado pero polo que loitarei ata o final. Sempre fun subindo chanzo a chanzo e continuarei facéndoo para que non se quede nun reto e que os meus soños se convertan en realidade”. 

Sandra González tivo eloxiou o labor de Emilio Rodríguez, “ao que lle dariamos o ouro non só polos seus logros deportivos, senón pola súa entrega e dedicación ao Club Deportivo Miño-Teixugos, polo seu cariño polos nenos e nenas, por crear unha canteira de luxo, por compartir cos demais a súa paixón por este deporte e por facelo sempre dun xeito desinteresado”.

“Para nós”, engadiu o propio Emilio, “é unha alegría que recoñezan o labor e o esforzo que facemos para chegar a todos os nosos retos. E é impresionante o agarimo que recibimos de toda a xente, que ven como tratas aos nenos e nenas e como van crecendo pouco a pouco como deportistas e persoas dentro do club”.

ÚLTIMAS

Feministas católicas sean este domingo ás rúas de Vigo para reclamar que as mulleres teñan “voz e voto” na Igrexa

Feministas católicas da Revolta de Mulleres na Igrexa sairán este domingo 3 de marzo ás...

Trasladan a tres membros dunha familia en Vigo con síntomas de intoxicación por gas

Dous adultos e un menor tiveron que ser trasladados polos servizos sanitarios con síntomas...

Remolcan ao porto de Vigo ao portacontedores ‘MSC Katyanyi’

O portacontedores 'MSC Katyayni,', que navega baixo bandeira de Panamá, está a ser remolcado...

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...