InicioA radio como ferramenta para a divulgación da poesía nas escolas

A radio como ferramenta para a divulgación da poesía nas escolas

No IES Antón Alonso Ríos publican na Radio Mocidade cada venres unha sección dinámica e sinxela que atrae a oíntes e lectores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Que a radio pode ser unha moi boa ferramenta para a divulgación da poesía entre o estudantado é algo que O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño leva promocionando dende fai uns anos.

Dende o 2018 a radio municipal Radio Mocidade trasladou as súas instalacións ao centro educativo co fin de aproveitar o seu uso para actividades académicas e educativas a través da sección Poesía Urxente. Este é un programa semanal que ten como obxectivo a participación do estudantado na divulgación da poesía a través da radio.

Cada semana cada alumno ten que preparar un poema para recitar. Normalmente os poetas que se escollen son accesibles e doados de entender para todo o mundo. Simón Santos, profesor de Xeografía e Historia e impulsor da sección comenta que normalmente anímase a participar o alumnado que non só lle gusta ler na radio, senón que tamén está interesado na lingua e na cultura.

O dinamismo e a duración da sección -que non adoita superar os 5 minutos- son unha das claves do seu éxito, o que facilita a participación dos seus estudantes. Polo de agora esperan seguir coa sección ata final de curso, aínda que non descartan darlle continuidade nos vindeiros anos.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...