InicioSociedadeTomiño, no camiño de converterse nunha das Cidades Amigas da Infancia segundo...

Tomiño, no camiño de converterse nunha das Cidades Amigas da Infancia segundo UNICEF

Nace o Consello de Infancia e Adolescencia de Tomiño, con 22 membros de entre 11 e 17 anos.

PUBLICADO O

O Concello de Tomiño deu luz verde tanto á creación do Consello da Infancia e Adolescencia, coma ao I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, ambos os dous requisitos para presentarse á oitava convocatoria de recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, promovida por UNICEF.

Con este fin, a corporación en pleno, aprobou na última sesión ordinaria, celebrada o día 24, a creación dun Consello da Infancia e Adolescencia e a realización do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia Concello de Tomiño 2018-2021.

Dicho plan proponse enfrontar retos moi importantes, coma é “mellorar os niveis educativos”, dar resposta aos problemas que xera a dispersión poboacional típica do municipio”, ou “visibilizar a riqueza agrícola do territorio coma unha opción laboral” para mozos e mozas, ou xerar unha rede de apoios e recursos a nivel comarcal”.

Coma prioridades, a “participación protagónica de nenos, nenas e adolescentes de Tomiño na definición do público”, a educación destes colectivos en todos os seus ámbitos; a difusión e concienciación social dos dereitos da infancia e adolescencia, e o desenvolvemento integral e transversal das políticas deste grupo de poboación, no propio concello.

Entre as principais actuacións contempladas no plan, atópanse as de dar continuidade aos programas de Servizos Sociais do Concello; sobre todo a aqueles específicos para nenos/as e adolescentes (Programa de Educación Familiar); así coma aos programas de reforzo escolar, de igualdade e de actividades extraescolares de balde. Tamén aos investimentos de mellora e ampliación e creación de espazos infanto-xuvenís ao aire libre.

Pero o máis novidoso sexa quizais, a creación dun Departamento Municipal de Infancia e Adolescencia no que estean representados todos os axentes e sectores implicados.

Outros fins contemplados no plan son realizar charlas informativas e formativas destinadas á infancia e adolescencia, crear caixas de suxestións físicas e virtuais; crear e manter un espazo específico na páxina web municipal; consolidar a celebración de plenos infantís e realizar actividades de divulgación nos centros educativos públicos do municipio.

No referido ao seguimento do plan , prevese que un órgano de coordinación interna, con nenos, nenas e adolescentes, se ocupe de avaliar as actividades levadas a cabo.

Na mesma sesión plenaria, aprobouse de maneira oficial, a creación do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño (CIA). Constituído por nenos e nenas e adolescentes, este órgano ten coma presidenta a Sofía Areal, alumna do IES Antón Alonso Ríos, e leva funcionando dende o 15 de decembro do pasado ano, promovido polo Concello de Tomiño. 

Na actualidade está formado por 22 persoas, de entre 11 e 17 anos. O nome escollido é “Voces Novas” xa que queren converterse nunha ferramenta para facer que se escoiten as súas voces, opinións e ideas, e están a traballar nesta liña, participando na vida municipal.

O grupo segue aberto a novos membros que se animen a participar, na dirección web vocesnovas.tomino@gmail.com.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...