InicioMedio Ambiente e PatrimonioTomiño aposta pola ecoloxía, a saúde e o comercio local nunha nova...

Tomiño aposta pola ecoloxía, a saúde e o comercio local nunha nova edición do BioMercado

PUBLICADO O

A praza do Seixo de Tomiño acollerá o domingo 30 de setembro a cuarta edición do BioMercado, con 65 postos, dos que moitos estarán dedicados á alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais. Ademais, a feira contará con diferentes actividades como charlas, obradoiros e conferencias.

O Biomercado, presentado en rolda de prensa este mesmo xoves pola mañá, vén deste xeito a consolidarse coma un evento anual que ten coma finalidade pór en valor e dinamizar o comercio local, fomentar a produción ecolóxica, a biocultura e o mercado de proximidade.

Durante a presentación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu o traballo dos
colaboradores e salientou a variedade e cantidade de postos biosaludables que fan da
actividade, “unha oportunidade de probar produtos que se fan en Tomiño e na comarca, e tamén, para os que veñen de fora, de coñecer o noso mercado municipal que é un pouco o protagonista do evento”.

Pola súa parte, Carlos Rodríguez, de Ekohuerta, unha das empresas colaboradoras, definiu este cuarto biomercado de Tomiño coma “un mercado dinámico, innovador, que va a estar moi activo e fomenta aos produtores locais de horta ecolóxica, plantas medicinais, cosmética natural…”

“Este ano haberá novidades, coma a produción de distintos tipos de terra para cultivos, ou a artesanía con conchas de mar, palla, vidreiras, fariñas e panadería de hortalizas, cociña con ortigas, e unha ampla gama de gastronomía saudable. Neste sentido, lembrou a importancia de que a xente se conciencie cada vez máis sobre os beneficios deste tipo de produtos e da súa produción.

Charo Quintana, de Rural Consulting, outra das empresas colaboradoras coa organización,
resaltou pola súa banda o caso de Tomiño coma “vila rural pero ao mesmo tempo moderna e con calidade de vida”.

“Cremos que este mercado simboliza de algunha forma a aposta que facemos polo rural”, indicou. Asemade, enumerou as actividades e postos máis novidosos, entre os que se atopan unha área dedicada ao mel, unha representación da reserva da biosfera da zona de Allariz, e salientou a posibilidade de aprender e coñecer as últimas tendencias no sector dos produtos bio.

Por último, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, referiuse ás persoas
que elixen o rural para vivir e que fan empresas sustentables, e convidou á xente a asistir á
exposición dun bo número desas experiencias, que terá lugar no salón de plenos do Concello, baixo o nome de “O Caviladoiro”, a partir das 12 da mañá (programa en anexo) do domingo.

Cartel do BioMercado/ Concello de Tomiño

A programación iniciarase pola mañá coa apertura dos postos ás 11.00, e ao longo do día (até as 21.00) desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e formativas, e obradoiros
relacionados coa cociña e a gastronomía.

Horta ecolóxica, plantas, árbores, sementes; queixos, embutidos, licores, viños, conservas,
doces, cafés e infusións; reciclaxe, segunda vida, antigüidades, artesanía e feito a man;
gastronomía, música e relax. Todos estes sectores estarán representados nos postos que
cubrirán a Praza do Seixo e parte do Mercado Municipal.

Ademais, os asistentes poderán asistir a charlas sobre diferentes temas biosaudables, ou
actividades lúdicas con música en directo (Sabela Cereijo e Cherry Sweet), xogos e unha ampla oferta de degustación gastronómica.

Grupos musicais, exhibición de moenda de pimentón; xogos de mesa, obradoiro de pan con
Faragullas; degustación de estrugas, postos de comida e bebida, e charlas con xente que creou negocios sustentables, porán o marco á actividade.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...