InicioSociedadeO IES Sangriña da Guarda retomará este mércores as clases tras solucionarse...

O IES Sangriña da Guarda retomará este mércores as clases tras solucionarse os danos causados pola choiva

A empresa adxudicataria farase cargo dos danos ocasionados debido ao "erro na previsión de actuacións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O IES Sangriña da Guarda retomará este mércores as clases tras solucionarse os danos que causaron a súa suspensión o pasado venres e que foron ocasionados pola entrada da choiva nas súas instalacións.

Nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade achacou a “un erro” por parte a da empresa que xestiona a obra de cambio de cuberta do centro o feito de que “non se tomasen as precaucións necesarias ante o temporal”, o que causou a inundación dalgunhas partes do instituto.

Precisamente, este martes, o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse co equipo directivo do centro para trasladarlle as actuacións previstas, así como que “a empresa adxudicataria farase cargo dos danos ocasionados debido ao erro na previsión de actuacións”.

Neste sentido, o departamento educativo da Xunta preparou un programa de accións con esta empresa para evitar que se repitan situacións deste tipo. Ademais, a Consellería recalcou que a acta do cambio de cuberta se asinou o pasado 16 de agosto, polo que insistiu en que “as obras máis importantes xa podían desenvolverse, evitando o suceso do pasado venres”.

A noite do pasado xoves, a dirección do centro comunicou a suspensión da actividade docente despois de que as fortes choivas das horas previas afectasen as obras que levaban a cabo na cuberta do centro. Así, producíronse a inundación de varias aulas e danos na cuberta.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...