InicioCulturaCando os viquingos sementaron de caos o Reino de Galicia

Cando os viquingos sementaron de caos o Reino de Galicia

O século XI estivo marcado pola debilidade de reis e nobres e polos cruentos ataques normandos que fixeron de Galicia un dos grandes teatros de operación bélica de toda esa época. Os nórdicos puideron mesmo ter unha base de operacións na antiga Gallaecia.

PUBLICADO O

Quen eran os que as crónicas recollen como normanni, leodemanorum, lotmanes, lormanes ou laudomanes? Hai quen di que eran piratas de procedencia diversa (colonias de nórdicos asentados en Irlanda, Francia ou Dinamarca), e non só de Escandinavia, que chegaron a Galicia en busca de riqueza. E semella que a atoparon.

Hai poucas fontes para coñecer o que fixeron estes guerreiros en territorio galego pero semella, polas poucas informacións que hai, que o século XI foi cando máis actividade guerreira tiveron no país coa posibilidade de ataques simultáneos por diferentes bandas de viquingos.

Tal e como relata o historiador Suso Vila no portal especializado Historia de Galicia, chaman a atención os numerosos e constantes ataques referenciados na primeira metade do século XI desde o saqueo de Tui –que tardou máis de 80 anos en recuperarse– ata a batalla contra os viquingos que libra o bispo compostelán Cresconio.

“Movémonos por acontecementos sen datas precisas só aproximadas e sinaladas polos reinados de Afonso V, Vermudo III e Fernando I, coas súas minorías de idade e debilidades dos seus gobernos”, indica.

Ademais, apenas existían poboacións costeiras no noroeste peninsular, só as vellas sedes episcopais como Tui ou Porto mantiñan a súa relación co mar. A foz dos ríos como o Ulla, o Miño, o Douro ou o Ave, entre outros, permitían as incursións de piratas no interior do territorio desde bases seguras no mesmo litoral deshabitado de Galicia.

ULFR O GALEGO

De tal xeito entre 1028 e 1055 teríamos dúas informacións que relacionan a Galicia e aos viquingos aínda que dun modo xenérico: o bispo compostelán Cresconio e a súa victoria sobre piratas nórdicos durante a súa prelatura (1037-1066) e os vencellos con Galicia dun xefe danés, Galizu-Ulfr ou Ulfr o galego, cuxa actividade pirata comezaría cara a 1028 .

Ademais, Vila indica que a foz do Miño puido ter servirdo de base estacional para diferentes grupos de piratas e mesmo unha localidade como A Guarda puido ter orixe a fins do século XI ou comezos do XII como fortaleza que protexese a entrada no territorio miñoto.

O xeógrafo musulmán Al-Idrisi xa menciona a fortaleza de Abuwaqa no Miño antes do ano 1154 e cuxa homofonía nos lembra a A Guarda, nome xermánico que está vencellado á protección do lugar. Podes ler a súa extensa reportaxe en HdG.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...