InicioCulturaA Guarda convoca de novo á veciñanza para que coñeza a súa...

A Guarda convoca de novo á veciñanza para que coñeza a súa historia a través do teatro

PUBLICADO O

Este xoves día 12 de xullo A Guarda oferta a segunda cita da programación de visitas
teatralizadas, que se repetirán semanalmente os xoves ás 21:00 durante todo o verán ata o 30 de agosto, agás os xoves 19 de xullo e 9 de agosto.

Tralo éxito da primeira sesión, dende a Concellería de Cultura convídase novamente a toda
a cidadanía e aos visitantes nesta tempada estival, a que aproveiten esta oportunidade “para coñecer un pouco da historia da nosa vila, dun xeito moi divertido e ameno”.

Baixo o concepto “De alén mar para A Guarda” e enmarcado nas conmemoracións do 100º
aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da
Guarda, as visitas teatralizadas deste verán toman coma fonte o libro “Hospital Casa-Asilo
de A Guarda (1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico”,
obra do historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez.

Esta actividade amosa á cidadanía a súa historia e patrimonio dun xeito ameno e
diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do pasado, involucrando aos
participantes e facéndoos partícipes neste espectáculo.

Visita teatralizada/ A Guarda

As visitas, realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorren o centro histórico, comezando ás 21.00h. na Praza do Reló, e seguindo pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda, onde rematan cunha actuación do grupo de pandereteiras Tremelique.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, dan vida a dous personaxes
influíntes da Guarda de 1918, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural do municipio, na Rúa Rosalía de Castro.

A través deste fío condutor, a compañía fai unha intensa labor de contar como foi o
proceso da creación desta xunta organizadora en Puerto Rico. O espectáculo agocha sorpresas musicais, que variarán cada xoves. Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...