InicioCulturaA Guarda homenaxea ás mulleres do mar e aos faros galegos en...

A Guarda homenaxea ás mulleres do mar e aos faros galegos en varias exposicións

PUBLICADO O

- Advertisement -

“As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” busca amosar o papel destas no desenvolvemento sustentable e a conservación dos nosos mares. Por outra banda, “Faros de Galicia” é unha exposición de pinturas de Carlos Ramos Fernández, presentes no Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro 7 de xullo.

Trátase dunha mostra que recolle un total de 19 obras en acrílico sobre papel, realizados coa técnica de Copic, no que o artista quixo expor a través destes lenzos “a riqueza e beleza visual da ampla variedade de faros existentes ao longo da costa Galega”, coma o Faro de Cabo Silleiro, o Faro das Illas Cíes, o Faro de Finisterre, o Faro de Corrubedo, entre outros. Ademais tamén se inclúen varias obras de temática urbana de Madrid e Portugal.

Carlos, o artista/ Concello de A Guarda

A Exposición está organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda e se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h  e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Concello de A Guarda

sustentabilidade en feminino

O sábado 30 de xuño ás 12:00h o Museo do Mar da Guarda acolle a inauguración da
Exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto
“Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao
desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares.

Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras mariñas e en
educación, de hoxe e do pasado tiveron, teñen e terán un papel determinante no uso dos
recursos mariños dun xeito responsable que garanta o seu futuro.

Cartel / A Guarda

A través de vídeos, imaxes, entrevistas e documentación recollida por toda a xeografía
galega, este proxecto no que participan a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade
de Igualdade da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional – Campus do
Mar, coa colaboración do Museo Massó, dá voz ás mulleres que teñen o mar como medio de vida para que aporten a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación
dos océanos sustentables.

A exposición estará na Guarda do 30 de xuño ata o 31 de xullo no Museo do Mar (Porto da Guarda) en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o...