InicioCulturaA Guarda celebra un ano máis o feitizo da lectura

A Guarda celebra un ano máis o feitizo da lectura

A Guarda celebrará a súa XI Feira do Libro o domingo 20 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A undécima edición da Feira do Libro da Guarda celebrarase o vindeiro domingo 20 de maio na Praza do Reló. Alí, entre as 11:00 e as 20:00 horas, librarías guardesas e da comarca ofrecerán o seu material cun desconto do 20% sobre o seu prezo orixinal.

A xornada completarase cunha variada programación cultural e de ocio para todos os públicos. Así, os cativos e cativas poderán participar nos obradoiros infantís que se celebrarán na praza entre as 11:30 e as 13:30 horas. Os e as participantes no curso de monitor/a de tempo libre organizado polo Concello da Guarda serán os encargados de amenizar a mañá aos máis pequenos, con xogos e diferentes actividades lúdicas.

Chegadas ás 12:30 horas, as persoas adultas poderán sumarse á festa na sesión vermú a cargo do grupo de hot jazz Low Bay Hot Band. Xa pola tarde, entre as 16:30 e as 18:30 h, as familias poderán compartir un espazo de diversión da man da empresa Brazolinda, que traerá ata A Guarda os seus orixinais xogos de mesa en galego, aptos para crianzas dende 1 ano.

Edición anterior / Concello de A Guarda

O grupo de música infantil e familiar Mamá Cabra será o encargado de pór o broche de ouro a esta xornada de exaltación da cultura, cunha actuación que dará comezo ás 18: 30 horas.

Ao remate do concerto, os membros do grupo asinarán discos a todas e todos aqueles que se acheguen cos seus exemplares. Tras a actuación de Mamá Cabra, ademais, as persoas presentes poderán participar nun sorteo con lotes de libros, camisetas, obras de María Victoria Moreno e outros agasallos de Mamá cabra e David Regueiro, de Low Bay Hot Band.

As librarías participantes nesta nova edición da Feira do Libro guardesa serán Atlántica, Ler e Cervantes (A Guarda), Ideas (O Rosal) e Libraida (Gondomar). En caso de choiva, as actividades trasladaranse á Casa dos Alonso.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...