InicioVigo e contornaDetido o responsable de máis de 40 roubos en furgonetas na área...

Detido o responsable de máis de 40 roubos en furgonetas na área de Vigo

O detido, de 31 anos, circulaba nun coche roubado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Madrid, e mantén outro baixo investigación, pola suposta comisión de 40 roubos en furgonetas comerciais de empresas ou autónomos dos sectores da construción, fontanaría ou albanelaría, ocorridos no sur da provincia de Pontevedra.

Por mor dun amplo dispositivo de prevención e investigación que sevenía realizando con motivo do incremento de roubos neste tipo defurgonetas, que se estaban producindo desde o mes de xaneiro en distintas localidades do sur da provincia de Pontevedra, os axentes puideron deter ao presunto autor dos feitos.

Os roubos sempre eran efectuados co mesmo modus operandi, consistente en forzar as furgonetas e tiñan como obxectivo subtraer sobre todo ferramentas eléctricas de gran valor para darlle saída en establecementos de compravenda de obxectos usados, ou a través de plataformas dixitais en Internet.

Durante o transcurso da investigación púidose comprobar que a persona sobre a que recaían as sospeitas hospedábase nos días que se producían os roubos en distintos establecementos dea provincia. De feito, a detención produciuse en Cangas, ao saír dun local hostaleiro onde pasara a noite anterior.

No momento da detención intervéuselle o vehículo no que se desprazaba, que fora roubado con violencia e intimidación o pasado 13 de marzo en Madrid. No interior do turismo guardaba unha gran cantidade de obxectos subtraídos nos seus últimos roubos, ademásde as ferramentas que utilizaba para forzar as fechaduras das furgonetas, xunto con catro ordenadores portátiles e varios teléfonos móbiles.

As investigacións foron determinantes para concluír que esta persoa foi a responsable de ata 40 roubos ocorridos nos últimos meses nos municipios de Baiona, Tui, Porriño, Moaña, Mos, Gondomar, Marín, Ponteareas, Vigo, así como nas provincias de Toledo e Madrid. O valor do subtraído rolda os 100.000 euros.

ÚLTIMAS

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatada unha persoa tras envorcar o vehículo que conducía en Redondela

Unha persoa foi rescatada en Redondela tras sufrir un accidente no que o seu...