InicioTomiño comezará a notificar os seus veciños para que limpen as leiras...

Tomiño comezará a notificar os seus veciños para que limpen as leiras antes da tempada de incendios

Unha vez recibida a notificación, os propietarios terán 15 días para acondicionar os terreos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño “pisa o acelerador” na limpeza de leiras para evitar que, un ano máis, o territorio do Baixo Miño quede sometido aos lumes dos meses de setembro e outubro. O consistorio vén de informar que, nas vindeiras semanas, comezarán a enviarse cartas ás persoas propietarias de fincas situadas nas faixas secundarias das parroquias de Santa María de Tomiño e San Pedro de Forcadela.

O obxectivo destas notificacións, que chegarán ás 1.961, é que os veciños propietarios destas leiras procedan á súa limpeza para evitar que sexan pasto dos lumes que adoitan chegar coa fin do verán. Segundo apuntan dende o consistorio, unha vez recibida a notificación, a persoa propietaria disporá de 15 días para limpar a parcela. “De non poder facelo, o feito de estar a finca situada nunha parroquia priorizada dálle ás persoas propietarias a vantaxe de poder adherirse a un contrato con Seaga para que o organismo se encargue deste labor. O importe por esta xestión será de 0,035 euros por metro cadrado, o que nunha finca duns 1.400 m2 suporía tan só uns 49 euros, un prezo substancialmente menor ao existente no mercado”, destacan.

“É moi importante que toda a veciñanza colabore nunha cuestión tan importante como o é a prevención dos incendios forestais mantendo limpas as parcelas situadas nas faixas secundarias, un labor no que se ben se debe incidir de xeito máis exhaustivo nas parroquias priorizadas, é unha obriga que afecta a todo o municipio”, comenta a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro González.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...