InicioSociedadePode repetirse unha traxedia incendiaria como a de outubro de 2017?

Pode repetirse unha traxedia incendiaria como a de outubro de 2017?

PPdeG e PSdeG din que agora hai novos mecanismos e protocolos para evitar que algo semellante aconteza e En Marea e BNG denuncian que non se tente poñer couto ao eucalipto e non se busquen responsabilidades políticas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case 60.000 hectáreas arderon dunha tallada durante a semana do 17 de outubro de 2018. Un caos incendiario que provocou catro mortos e numerosos danos materiais. Desa traxedia, da que se vai facer un ano, non se coñecen aínda as causas, nin os autores.  E, agora, o ditame dunha Comisión de Investigación aprobada no Parlamento galego acaba de ser aprobada cos votos a favor de PPdeG e PSdeG e o voto en contra de En Marea e o BNG.

Populares e socialistas destacan que este órgano parlamentario axudou a que se activen novos mecanismos e protocolos para evitar un desastre semellante, e tamén que haxa máis medios. Pero En Marea e BNG critican que non se teña entrado no fondo da cuestión.

Estas formacións oinciden en que faltan elementos chave no texto como poñer couto ao eucalipto, remodelar o sistema de extinción cunha aposta pola homoxeneización e contra a precarización, así como apostar polas Unidades de Xestión Forestal ( Uxfor), entre outras. Tamén que non se teña feito mención a responsabilidades políticas.

Lume rapaces o apagan.
Dous rapaces extinguen o lume nunha carballeira preto das casas/ Miguel Núñez

RECOMENDACIÓNS

Desta comisión saen máis dun centenar de recomendacións como a posta en marcha dun ente instrumental específico –dependente da Xunta– que coordine a todas as administracións en materia de prevención de incendios e vixilancia de incumprimentos, con asesoramento estable aos concellos.

Ademais, recoméndase a creación dun grupo de expertos –elixidos polos grupos parlamentarios– que antes do período de alto risco de 2019 estableza melloras para o servizo de extinción. Para a investigación chámase a progresar na coordinación entre corpos e o uso de novas tecnoloxías.

Tamén se propón determinar que parcelas están abandonadas en Galicia, mentres para a mellora das franxas de seguridade potenciarase que nestes espazos se desenvolvan actividades agrarias ademais de rozas.

Entre estas máis de 100 medidas, se aposta por: unha ordenación integral do territorio, potenciar as competencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a multifuncionalidade do monte, a gandería en extensivo, a inclusión obrigatoria de frondosas autóctonas nas plantacións produtivas e incentivos fiscais no rural. Todo iso nun texto no que se identifican problemas estruturais como o abandono, a estrutura do territorio e a súa ordenación, así como o cambio climático.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...