InicioCulturaCaballero: "Agora en lugar de rodar (películas) en París, rodan en...

Caballero: “Agora en lugar de rodar (películas) en París, rodan en Vigo”

Vigo ofrécese como "o mellor estudio de rodaxe do planeta" para "quitarlle o sitio" a Hollywood.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este xoves a cidade como o “mellor estudio de rodaxe do planeta” para “quitarlle o sitio” a lugares como París, Londres ou mesmo Hollywood.

Así o sinalou na súa intervención durante a presentación da Vigo Filme Office na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que leva a cabo durante esta semana en Madrid. O rexedor olívico destacou a urbe como o lugar “perfecto” para rodar calquera tipo de audiovisual grazas ás súas rúas, as súas praias, as súas fábricas, a súa zona vella ou as súas xentes.

Neste sentido, puxo en valor a industria cinematográfica de Vigo, que permite a produtores dispor de profesionais para todo tipo de labores. Ademais, insistiu en que os proxectos que pretendan rodar na cidade contarán co apoio do Concello. “Se hai que pechar o tráfico dunha rúa, iso para o cinema facémolo nun dicir amén”, reivindicou Caballero, pondo a disposición dos interesados a cidade para gravar series ou películas como xa fixeron plataformas como HBO ou Netflix.

Para o alcalde, é importante que Vigo teña cultura e puxo en valor a importancia económica que supón que unha rodaxe leve a cabo na cidade. “Xogamos na liga de París e de Londres. Agora en lugar de rodar en París, rodan en Vigo. En lugar de rodar de Hollywood, rodan en Vigo. Témolo todo”, reivindicou.

A presentación da Vigo Filme Office contou coa actuación de Débora Vukusic e a concelleira e actriz Uxía Branco. Elas puxéronse na pel de dúas produtoras dunha serie que buscan unha localización perfecta, chegando á conclusión de que Vigo “o ten todo”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...