InicioVigo e contornaVigoAfectados polo viario de Beade reclaman unha reunión co alcalde de Vigo...

Afectados polo viario de Beade reclaman unha reunión co alcalde de Vigo para que non figure no PXOM

Así o sinalaron tras un encontro coa delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Afectados polo viario de Beade de Vigo insistiron este luns en solicitar unha reunión co alcalde da cidade, Abel Caballero, para que non se inclúa dita estrada no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que prepara o Concello.

Así o sinalaron tras un encontro coa delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, onde trataron a situación na que se atopa o informe técnico que inclúe ese viario, que foi desfavorable por parte do Goberno autonómico.

Por iso, a representante autonómica explicoulles aos veciños da parroquia viguesa que o pasado 26 de decembro a Xunta remitiu ao goberno municipal o documento desfavorable da Axencia Galega de Infraestruturas, sen que aínda haxa resposta.

No devandito texto, segundo o Executivo autonómico, recóllense as principais carencial de PXOM nese capítulo, como a ausencia dun estudo de tráfico nas estradas autonómicas que percorren Vigo, “polo que non se pode acreditar que non vaian saturarse polo futuro desenvolvemento urbanístico”.

Ademais, Fernández-Tapias lembrou que a PXOM non pode imputar á Xunta o custo de 85 millóns de euros do seis últimos tramos desta estrada ao tratarse dun viario municipal.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...