InicioSociedadeRodman fabricará unha embarcación de investigación oceanográfica para a UVigo por 1,5...

Rodman fabricará unha embarcación de investigación oceanográfica para a UVigo por 1,5 millóns

O barco contará con propulsión híbrida enchufable complementado por un sistema de xeración de enerxía baseado en paneis solares con celas policristalinas conectadas a un cargador e dous aeroxeradores conectados aos seus sistemas de control.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estaleiro galego Rodman Polyships adxudicouse a fabricación dunha embarcación de propulsión híbrida enchufable para a investigación oceanográfica costeira por 1.499.777 euros.

En concreto, a compañía resultou a adxudicataria dun contrato de licitación posto en marcha polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), un do oito centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), que será financiado con fondos da Unión Europea (UE) asociados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Segundo recolle o acordo de iniciación do expediente ao que tivo acceso Europa Press, a adxudicación consiste no desenvolvemento tecnolóxico dunha embarcación de investigación oceanográfica dunhas dimensións aproximadas de 19,5 metros de eslora por 5,4 de manga.

Ademais, o barco contará con propulsión híbrida enchufable complementado por un sistema de xeración de enerxía baseado en paneis solares con celas policristalinas conectadas a un cargador e dous aeroxeradores conectados aos seus sistemas de control.

A construción, que terá un prazo de execución de oito meses, estará acondicionada para a realización de tarefas de investigación científica en mares e augas costeiras, cun custo de operación que a fagan viable a longo prazo, que sexa respectuosa co medio ambiente cun modelo de xestión eficiente e que facilite a obtención de datos oceanográficos de gran calidade técnica.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...