InicioEconomíaJesús Echevarría, de Inditex a director xeral de Prensa Ibérica en Galicia

Jesús Echevarría, de Inditex a director xeral de Prensa Ibérica en Galicia

PUBLICADO O

O grupo de comunicación Prensa Ibérica nomeou a Jesús Echevarría novo director xeral da compañía en Galicia, onde edita periódicos como ‘Faro de Vigo’ ou ‘La Opinión de Coruña’ e adxudicouse recentemente ‘El Correo Gallego’.

Tal como indicou a empresa, cunha “dilatada” traxectoria e un “profundo” coñecemento do sector, Echevarría impulsará o posicionamento e a área de negocio nunha rexión de profundo arraigamento e relevancia estratéxica para o grupo que preside Javier Moll.

O novo directivo foi durante os últimos 17 anos director xeneral de Comunicación e Relacións Institucionais do Grupo Inditex, desde onde se responsabilizou da política global da imaxe da empresa, das súas mensaxes corporativas, dos vínculos institucionais nas áreas onde desenvolve a súa actividade e da súa consistencia reputacional.

Echevarría sinalou a “enorme sedución e gran responsabilidade que supón unirse ao grupo de comunicación de maior crecemento en España no seu ambicioso proxecto global, particularmente en Galicia, co enorme potencial existente desde o punto de vista profesional e humano”.

Pola súa banda, o actual director xeral, Isidoro Nicieza, que exerceu o cargo durante 14 anos, adicarase a partir de agora en exclusiva á súa outra responsabilidade no grupo, a de director xeral de Contidos de todas as cabeceiras de Prensa Ibérica.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...