InicioEconomíaEmpresarios de Pontevedra piden non subir salarios polo "competitivo mercado laboral" de...

Empresarios de Pontevedra piden non subir salarios polo “competitivo mercado laboral” de Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) pediu “moderación” na subida do Soldo Mínimo Interprofesional (SMI), en liña coa formulación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme). Nun comunicado, os empresarios pontevedreses apelaron ao “efecto territorio”, lembrando o “competitivo mercado laboral” de Portugal.

Non podemos deixar de ter presente que Pontevedra e Galicia colindan cun mercado laboral moi competitivo cun SMI por baixo do mil euros, como é Portugal, e isto ten un impacto directo sobre a contratación, por non mencionar que o tecido produtivo galego está composto de pemes nun 99,5%, fronte a outras provincias con maior presencia de multinacionais”, subliñou o presidente da CEP, Jorge Cebreiros.

Por iso, desde a organización apoian a decisión adoptada pola CEOE, que acordou trasladar ao Ministerio de Traballo a súa aposta pola “moderación salarial” para favorecer o crecemento económico e a creación de emprego.

“Desde a CEP insistimos en que a recuperación foi desigual por sectores e unha subida excesiva prexudicaría a conservación do emprego. No caso de Galicia, ademais, debe terse presente a presión á que están sometidas as empresas co anuncio da subida da peaxe na AP-9, un ano máis”, engadiu Cebreiros.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...