InicioMedio Ambiente e PatrimonioUn novo caso de gripe aviaria detectado nunha gaivota en Vigo

Un novo caso de gripe aviaria detectado nunha gaivota en Vigo

Este ano, un total de 13 das 17 comunidades autónomas notificaron algún caso de gripe aviaria en aves silvestres das que o alcatraz continúa sendo a especie máis frecuente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección dun exemplar de gaivota afectada pola gripe aviaria no Concello de Vigo.

O animal, segundo indicou o Goberno galego, presentaba sintomatología nerviosa e foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade. Alí extraéronse mostras e finalmente eliminouse o cadáver de acordo cos procedementos autorizados.

Con este novo foco son xa 25 en total os casos notificados en Galicia en aves silvestres. A nivel nacional, continúan aparecendo máis animais infectados, tanto aves migratorias como residentes e pertencentes a distintos hábitat e familias.

Este ano, un total de 13 das 17 comunidades autónomas notificaron algún caso de gripe aviaria en aves silvestres das que o alcatraz continúa sendo a especie máis frecuente.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...