InicioPolíticaAprobada no Parlamento outra proposición non de lei para instar o Goberno...

Aprobada no Parlamento outra proposición non de lei para instar o Goberno baixar ao “Villa de Pitanxo”

O deputado Manuel Santos (PP) criticou as "continuas contradicións" dos responsables do Goberno e a "falta de transparencia, comunicación e sensibilidade" coas familias das vítimas, que incrementa o seu "sufrimento e incerteza".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei para instar á Xunta a que pida ao Goberno central que poña en marcha unha operación de traballo subacuático que permita localizar o pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’, que naufragou o pasado 15 de febreiro en augas de Terranova (Canadá).

Esta iniciativa, presentada polo Partido Popular, foi apoiada por todos os grupos da cámara galega, do mesmo xeito que ocorreu a vez anterior que os ‘populares’ presentaron unha proposición similar. Foi o deputado Manuel Santos (PP) o encargado de expor esta petición, lembrando precisamente que en xuño o Parlamento aprobou unha iniciativa que incluía o mandato expreso ao Executivo de baixar ao barco.

Con todo, criticou as “continuas contradicións” dos responsables do Goberno e a “falta de transparencia, comunicación e sensibilidade” coas familias das vítimas, que incrementa o seu “sufrimento e incerteza”. Ademais, lamentou que esta operación debeu facerse antes.

Na mesma liña falou María do Carme González (BNG), quen subliñou o “abandono” do Executivo de Pedro Sánchez ante a petición dos familiares de que se investigue que ocorreu na madrugada do 15 de febreiro.

González, do mesmo xeito que Santos, cargou directamente contra o presidente, indicando que “esqueceu” a promesa que fixo o día da chegada dos sobreviventes a España ás familias de que faría “o posible e imposible” para retomar a procura dos desaparecidos.

Pola súa banda, desde o PSdeG, Patricia Otero, apoiou tamén a iniciativa ‘popular’, pondo en valor a importancia de baixar ao pecio para investigar as causas de naufraxio e esclarecer os feitos. “O diñeiro non pode ser un problema. Custe o que custe ten que facerse”, reivindicou.

O pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’ naufragou o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros de Terranova (Canadá) nunha traxedia que se cobrou a vida de 21 dos 24 mariñeiros a bordo do buque.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...