InicioEconomíaZona Franca de Vigo crea un espazo de colaboración entre empresas e...

Zona Franca de Vigo crea un espazo de colaboración entre empresas e o terceiro sector que aposta pola sustentabilidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Zona Franca de Vigo reuniu este venres na cidade olívica ás principais organizacións do terceiro sector e empresas punteiras en responsabilidade social empresarial nunha xornada pioneira co obxectivo de xerar un espazo de colaboración que sirva de modelo para pór sobre a mesa propostas pola sustentabilidade.

Segundo informou Zona Franca nun comunicado, máis dun centenar de persoas seguiron o seminario ‘A responsabilidade social empresarial como estratexia de cooperación entre actores’. Nel, participaron membros das empresas Nova Pescanova, Vegalsa Eroski e Jealsa, así como das organizacións Unicef, Rede polo Emprego Conect@ Vigo, Amencer Aspace, Banco de Alimentos e o Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa.

Durante o acto, o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, sinalou que “traballando unido o terceiro sector, as empresas, a academia e a universidade pódese contribuír a xerar un impacto maior sobre o territorio”.

Regades tamén subliñou que “a responsabilidade social está a converterse nun elemento estratéxico de moitas empresas“. “Na man temos a capacidade de realizar accións concretas que contribúan á consecución da Axenda 2030, a folla de ruta marcada por Nacións Unidas”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...