InicioMovementos SociaisConcentración en Vigo este mércores para "salvar e fortalecer" a Atención Primaria

Concentración en Vigo este mércores para “salvar e fortalecer” a Atención Primaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma SOS Sanidade Pública da área sanitaria de Vigo convocou unha concentración na cidade olívica o vindeiro mércores, día 30 de novembro, para “salvar e fortalecer” a Atención Primeira e todo o sistema sanitario galego.

A protesta, que levará a cabo diante do Museo Marco a partir das 19.00 horas, pretende loitar contra “as políticas de recortes e o desmantelamento” levado a cabo, a xuízo da organización, pola Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade.

“A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos centros de saúde, PAC e servizos de pediatría de Atención Primaria; soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o peche de PAC e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas, e o abandono da participación comunitaria”, lamentou SOS Sanidade Pública nun comunicado.

Por todo iso, convocou aos cidadáns a que participen na concentración deste mércores e a que demostren o seu rexeitamento apoiando unha iniciativa lexislativa popular que se proporá no Parlamento de Galicia para mellorar esta situación.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...