InicioSociedadeComesaña di que é normal que médicos durman en camas pediátricas do...

Comesaña di que é normal que médicos durman en camas pediátricas do Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que “non supón ningún problema” que os médicos en servizo de garda do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo durman nas camas de pediatría, xa que “non xera dificultades asistenciais para os pacientes que ingresan”.

Comesaña sinalou, en declaracións aos medios de comunicación antes de participar na inauguración do XXV Congreso Nacional de Psiquiatría en Santiago de Compostela, que no hospital vigués “hai dormitorios para 110 médicos”.

Nesta liña, puntualizou que hai 64 médicos adxuntos de garda de presenza física e 46 médicos MIR nesta mesma circunstancia e que “teñen o seu dormitorio perfectamente habilitado desde sempre“.

Así mesmo, explicou que a ocupación media de camas no servizo de pediatría é “do 58 por cento”, o que indica que “practicamente só se ocupan a metade das camas”. Ademais, xustificou que “non é ningún problema que na propia planta de pediatría estean a durmir os médicos“.

Deste xeito, o titular de Sanidade destacou que o uso das camas de pediatría “ten a vantaxe de que está preto de xinecología ou anestesia”. Así, insistiu en que “o Álvaro Cunqueiro ten unha gran capacidade de dormitorios”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...