InicioSociedadeO Sergas nega "colapsos" no servizo de urxencias pediátricas do Cunqueiro: "Son...

O Sergas nega “colapsos” no servizo de urxencias pediátricas do Cunqueiro: “Son só atrasos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, negou este venres en Vigo a situación de “colapso” do servizo de urxencias pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Usar a palabra colapso é unha palabra moi forte para unha situación que non é de colapso. Colapso é cando algo deixa de funcionar e afortunadamente as urxencias en Vigo non deixaron de funcionar”, sinalou en declaracións aos medios de comunicación Comesaña, quen tamén destacou que “é certo que hai unha maior afluencia de pacientes, nenos neste caso”.

Ademais, o conselleiro de Sanidade recoñeceu picos de entradas de pacientes no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo “moi altos” a principios de outubro. “Sobre unha media de 100 pacientes diarios e iso non hai consulta nin sistema que permita resolvelo coa mesma seriedade coa que viña facendo ata entón. Houbo atraso na atención, pero en ningún caso colapso”, declarou Comesaña.

O responsable de Sanidade recalcou que “a situación pode volver repetirse dado o momento do ano no que nos atopamos” non sen antes mandar unha mensaxe de calma á poboación. “Os nosos pequenos van ser ben atendidos e recibirán a mellor atención pediátrica posible”, asegurou Comesaña.

Para facer fronte a esta situación, Comesaña declarou que a “Área Sanitaria de Vigo xa está a tomar medidas”. Entre elas atópanse a habilitación de máis espazos de espera, o reforzo do persoal con catro novas enfermeiras e un servizo de triaxe (valoración dos pacientes) as 24 horas do día.

DEMANDA DE CITAS

Por outra banda, Comesaña asegurou que a pesar do aumento de pacientes nesta época do ano, a demanda de citas en atención primaria “a día de hoxe atópase nos 2,2 días”. Ante as críticas por parte da oposición sobre a falta de pediatras en distintas localidades galegas, Comesaña asegurou que “hai problemas para cubrir prazas de pediatría en determinados centros cando alguén se xubila que se van corrixindo con outros compañeiros que se incorporan ou, no caso do Grove, acudindo pediatras doutros centros a cubrir esas consultas”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Trump declara a guerra aos migrantes

Luís Perez Leira: As migracións no mundo son un tema non resolvido. As declaracións...

OPINIÓN.- Vigo e a crise do capitalismo global

Vigo, a cidade máis poboada de Galicia e un dos motores económicos do noroeste...

O BNG de Vigo alerta do “avance descontrolado” dos pisos turísticos e pide inspeccións e unha ordenanza municipal que os limite

O BNG de Vigo alertou do "avance descontrolado" dos pisos turísticos e pediu ao goberno local...

Caso ‘Karar’: impugnan as notas da DEA tras confirmarse que os axentes da axencia americana non declararán

Varios dos avogados defensores no xuízo que se celebra contra 28 acusados polo alixo...