InicioSucesosO xurado decidirá sobre o crime dun home que confesou matar o...

O xurado decidirá sobre o crime dun home que confesou matar o seu irmán cun sacho en Salceda

A maxistrada presidenta entregou ás 13,30 aos membros do xurado o obxecto do veredicto con seis cuestiones que teñen que fundamentar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xurado popular delibera sobre a culpabilidade ou inocencia dun delito de homicidio do autor confeso, Santos C., de matar ao seu irmán dándolle cun sacho en Salceda de Caselas.

O xuízo celebrouse este luns na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. A maxistrada presidenta entregou ás 13,30 aos membros do xurado o obxecto do veredicto con seis cuestiones que teñen que fundamentar.

A fiscala considerou que neste caso o labor dos membros do tribunal popular é sinxela, xa que o acusado confesou, desde o primeiro momento, ser o autor da morte violenta do seu irmán ´Ángel C. “dándolle cun sacho na cabeza”.

Durante a vista oral deste luns, relatou os feitos ocorridos o 30 de agosto de 2019. Segundo declarou, sobre as 20,15 horas da tarde “ía recoller as ovellas” cando viu ao seu irmán noutra leira e achegouse a el para pedirlle explicacións por un espello retrovisor roto. Ao verlle, a vítima chamou por teléfono á muller para que acudise.

Santos C. accedeu á leira do seu irmán saltando un valado e cun pau na man. O acusado dixo que o seu irmán lle insultou: “deume co legón”. El respondeu collendo “un pau, que era un sacho” e deulle “dúas ou tres veces“, unhas agresións que causaron a morte de Ángel C. unhas horas despois no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Despois, indicou que colleu “o teléfono e desde a leira xa chamou á Garda Civil”. De alí saíu andando ata a súa casa, onde chegou descalzo, cousa da que non caera na conta. A continuación, duchouse e esperou aos axentes da Benemérita no camiño.

A viúva da vítima, e testemuña principal nesta causa, declarou no xuízo que cando acudiu á chamada do seu marido viu como Santos C. lle daba tres veces coa aixada na cabeza e que despois lle dixo: “Aí o tes, entérrao”.

Coa voz entrecortada e entre saloucos, a muller explicou que encontrou ao seu esposo tirado no chan cheo de sangue e que “tiña unha orella cortada”.

Unha vez escoitadas estas dúas versións, as partes renunciaron ao resto das testemuñas e só interviñeron as forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) que practicaron a autopsia ao cadáver e certificaron que recibiu tres golpes coa aixada “cunha gran forza viva” na cabeza.

“DELITO HORRENDO E REPUGNANTE”

A Fiscalía tivo en conta neste “delito horrendo e repugnante” a circunstancia atenuante de confesión e a agravante de parentesco e que “voluntariamente, á mantenta, o acusado golpeou ao seu irmán co fin de matar” como, ao seu xuízo, demostra “onde se dan os golpes, con que lle golpea e a reiteración deses golpes”.

A fiscala mantivo a súa petición de 13 anos de cárcere para o acusado como autor da morte violenta do seu irmán e pide tamén que se lle impoña a prohibición de achegarse a menos de 500 metros e de comunicarse coa esposa e os dous fillos da vítima.

Ademais, o Ministerio Público solicita que indemnice á muller con 200.000 euros e aos fillos con 300.000, respectivamente, así como todos os gastos que tivesen que pagar por mor da morte do seu pai.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...