InicioPolíticaCaballero consolida un acto anual en memoria dos alcaldes represaliados polo franquismo

Caballero consolida un acto anual en memoria dos alcaldes represaliados polo franquismo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta mañá de luns, o rexedor vigués, Abel Caballero, presidiu unha homenaxe floral aos alcaldes represaliados polo bando nacional en 1936, no Xardín da Memoria de Vigo, do cemiterio laico de Pereiró.

Homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

A súa intención é “institucionalizar” este acto e celebralo cada 27 de agosto do ano.

Homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

Estivo presente tamén o secretario xeral do Partido Socialista en Galicia, o seu sobriño Gonzalo Caballero.

Homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

“Nunca máis”: o rexedor vigués manifestou o seu desexo de que a ditadura nunca regrese a este país.

Homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

Ademais, en canto á recente polémica con respecto ao “Val dos Caídos” e a exhumación de Franco, o alcalde vigués mollouse e defendeu as decisións tomadas polo presidente do goberno, Pedro Sánchez, dirixidas ao traslado do corpo do ditador.

Homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

Foi unha xornada matinal solemne e chea de respecto polos que nos deixaron atrás, que se repetirá o vindeiro ano.

Abel Caballero, na homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

Vigo non se esquece dos alcaldes represaliados.

Homenaxe aos alcaldes represaliados/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...