InicioSucesosA avaría no servizo de diálise do Cunqueiro "alimenta a sospeita sobre...

A avaría no servizo de diálise do Cunqueiro “alimenta a sospeita sobre as concesionarias”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG-Saúde considera alarmante a incidencia que paralizou os pasados xoves e venres o servizo de diálise do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, obrigando a derivar usuarios a centros privados.

Desde a central critican unha situación da que, aseguran, “non existen precedentes nos hospitais públicos que antes realizaban estes tratamentos na área de Vigo” e que fai saltar as alarmas “dado o pouco tempo que leva aberto o centro”.

A CIG-Saúde de Vigo, que se entrevistou o pasado venres coa directora asistencial do centro, exixe maiores controis á empresa concesionaria, ademais da elaboración dun informe “obxectivo e non “de parte” para dilucidar a responsabilidade de Veolia.

Cunqueiro
Panorámica do Hospital Álvaro Cunqueiro/Miguel Nuñez

A reiteración de incidencias de distinto tipo no Hospital, “xestionadas con silencio e escurantismo”, segundo a CIG, supón, para a federación de saúde, unha “situación de risco para os intereses sanitarios públicos”, e “alimenta a sospeita sobre a falta de compromiso das concesionarias coa prestación dun servizo de calidade”.

Á espera de obter os datos definitivos, desde a CIG aseguran que se xerou “un gasto considerable” ao ter que por en marcha un circuito asistencial de transporte e centros alternativos.

Estas anomalías, que para a central son produto do modelo privatizador “do PP”, xeran “incertidume, procupación e incomodidade” entre os usuarios e usuarias, e obrigan a “procurar fórmulas eficaces para avaliar responsabilidades e exixir as correspondentes indemnizacións ao sistema público de sanidade”.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...