InicioEconomíaO Goberno compromete que a saída sur do AVE chegará antes de...

O Goberno compromete que a saída sur do AVE chegará antes de 2040

A ministra de Transportes mantén o primeiro trimestre de 2023 para a homologación dos trens Avril e que se complete o AVE a Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, afirmou que “o compromiso é máis que público e notorio” coa saída sur do AVE que conectará España e Portugal por Galicia e asegurou que o Executivo que dirixe Pedro Sánchez “ratificará o seu compromiso” e que, ademais, chegará “sen problema” antes do prazo de 2040.

“Na parte que lle corresponde a España estamos a avanzar e imos ratificar o noso compromiso, como me consta que vai facer o Goberno portugués”, salientou a ministra de Transportes en declaracións aos medios en Vigo, ao ser preguntada por esta cuestión coa mirada posta no cume hispano-lusa que terá lugar o próximo 4 de novembro.

Días despois de que a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a galega Isabel Pardo de Vera confirmase en Vigo que o estudo hidroxeolóxico para o trazado do AVE entre Vigo e Ourense por Cerdedo e as alternativas para a saída sur ferroviaria estaban comprometidos nos orzamentos e ambas as infraestruturas superaran xa estudos preeliminares; a ministra do ramo ratificou este luns os compromisos.

Raquel Sánchez destacou que ambos os gobernos conseguiron que a saída sur e o eixo do AVE entre Lisboa e O Porto e con Galicia se inclúa na rede básica ampliada da Unión Europea e que ten un “horizonte” de 2040. Neste sentido, dixo ser “optimista” e “positiva” sobre que, polo menos, na parte española, que está moito máis avanzada, se chegará a esa data sen ningún problema”.

En canto á variante de Cerdedo, a ministra de Transportes manifestou que se segue traballando “en paralelo” co de Transición Ecolóxica, tras o que puxo o acento en que foi “este Goberno o que recuperou proxectos que se paralizaron” en tempos anteriores e que agora se transmitiron “certezas e impulsos” a estes traballos.

Con todo, descartou dar un “cronograma nin datas”. “Cando teñamos os fitos cumpridos”, dixo, daranse as datas, porque se se avanzan e logo “non se cumpren nun mes ou dous” pódense xerar frustracións. “Son proxectos que se retomaron e estanse dando avances. Actuamos con total transparencia e que ninguén dubide dos compromisos”, remarcou Raquel Sánchez, quen asegurou que cando sexa o momento de licitalos e executalos, van contar cos “recursos” para iso.

TRENS AVRIL

Doutra banda, sobre a chegada dos trens Avril para a chegada completa do AVE a Galicia –ata agora só a Ourense–, a ministra de Transportes apuntou que “nada fai pensar que se vaia ir máis aló do primeiro trimestre de 2023″ para poder pór en marcha finalmente o servizo unha vez conclúa a homologación.

Así, Raquel Sánchez lembrou que son cuestións de “seguridade” e hai que ser “prudente e cauteloso” e mantivo os prazos xa dadod anteriormente tamén pola secretaria de Estado Isabel Pardo de Vera no acto de recepción da Medalla de Ouro de Vigo.

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...