InicioSociedadeO Fondo Galego de Cooperación celebra o seu 25 aniversario en Nigrán

O Fondo Galego de Cooperación celebra o seu 25 aniversario en Nigrán

Responsables municipais, da Xunta e do Goberno central daranse cita este venres para festexar a solidariedade internacional desde o local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conmemora os seus 25 anos de andaina cun gran acto no que se recoñecerá o labor dos concellos fundadores e das entidades que impulsaron esta rede, na que un cento de municipios e tres deputacións comparten un “firme compromiso cos Dereitos Humanos e coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global”. 

Representantes da administración local, da Xunta de Galicia e da Delegación do Goberno participarán no evento que se celebrará este venres ás 11.00 horas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, onde os países do Sur estarán representados polo presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos. O alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego, Juan González, será o encargado de abrir o acto no lugar onde se celebraron as primeiras xuntanzas da entidade, impulsada tamén polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

Desde a súa constitución en 1997, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten apoiado preto de 200 proxectos en máis de 30 países, entre os que destacan Cabo Verde, Nicaragua, Cuba, Perú e, nos últimos tempos, Mozambique e Guinea-Bissau, ademais doscampamentos saharauís. Auga e saneamento, vivenda, xénero, educación, saúde, infraestruturas comunitarias ou xestión de residuos son algúns dos sectores de actuación.

Ademais, o Fondo destaca tamén os programas de cooperación técnica, que envían persoal dos concellos galegos a traballar sobre o terreo cos parceiros no Sur Global. Ao longo deste cuarto de século, o Fondo Galego promoveu tamén numerosas actividades para sensibilizar a cidadanía galega fronte as desigualdades, en forma de exposicións, concertos, contos, obradoiros, teatro, audiovisuais, charlas, certames…

Nestes momentos, a organización desenvolve diversas accións para implicar á xente nova na loita contra o cambio climático a través do proxecto europeo People & Planet. Así mesmo, dende 2015 impulsa múltiples iniciativas para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e promover a implementación da Axenda 2030 no eido local.  O labor do Fondo Galego de cooperación e solidariedade foi recoñecido en 2020 co Premio Consello Social UVigo-Humana.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...