InicioSociedadeÚltimas xornadas de portas abertas da Cidade da Xustiza de Vigo antes...

Últimas xornadas de portas abertas da Cidade da Xustiza de Vigo antes do inicio da súa actividade

Unha vez iniciado o pasado setembro o traslado do arquivo, o vindeiro luns comezarán a instalarse os xulgados. Os primeiros en facelo serán os dous Contencioso-Administrativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou que as visitas guiadas á Cidade da Xustiza volverán este mércores, antes de que o vindeiro luns, día 24 de outubro, comece o traslado definitivo dos xulgados desde o edificio da rúa Lalín.

Estas xornadas de portas abertas, as últimas antes da posta en funcionamento da infraestrutura xudicial, levarán a cabo este mércores, xoves e venres con horarios de 10,00 a 13,00 horas e de 16,30 a 18,30 horas. Non será necesario realizar solicitude previa e o acceso será por orde de chegada a través da porta principal en grupos de 15 persoas.

Fernández-Tapias indicou que desde que se puxo en marcha esta iniciativa máis de 4.000 persoas acudiron a coñecer a nova Cidade da Xustiza, situada no antigo edificio do Hospital Xeral.

Unha vez iniciado o pasado setembro o traslado do arquivo, o vindeiro luns comezarán a instalarse os xulgados. Os primeiros en facelo serán os dous Contencioso-Administrativo. A pesar diso, non haberá que suspender ningún dos xuízos programados e en abril todos os órganos xudiciais xa operarán en Pizarro.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...