InicioSociedadeUn home enfróntase a case 11 anos de cárcere por violar a...

Un home enfróntase a case 11 anos de cárcere por violar a unha muller en Vigo e agredir a tres axentes de policía

Tamén solicita para o acusado unha multa de máis de 1.600 euros e indemnizacións que suman máis de 16.000 euros para os axentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home enfróntase a unha petición de dez anos e nove meses de cárcere por violar a unha muller en Vigo e agredir a tres axentes de policía que acudiron ao lugar ao que arrastrara á vítima.

O xuízo contra este individuo, de nacionalidade colombiana e que se atopa en prisión preventiva fai máis dun ano, terá lugar o vindeiro venres 14 de outubro na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Fiscalía solicita para o procesado unha condena de dez anos e nove meses de cárcere polos delitos de violación e resistencia á autoridade, ademais do abono dunha multa por un delito leve de lesións.

Os feitos tiveron lugar o 16 de xullo do ano 2021, cando, segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, o acusado agarrou e arrastrou á vítima ata un canellón escuro da rúa Sanjurjo Badía aproveitándose de que se atopaba baixo os efectos do alcol. Alí, o procesado empezou a violar á muller mentres esta se resisitía e trataba de zafarse. Os berros alertaron a un veciño, que chamou á policía.

Minutos máis tarde, unha dotación policial chegou ao canellón, o que provocou que o presunto violador tratase de fuxir. Finalmente, logrou ser interceptado polos axentes, que resultaron feridos no forcexeo.

Ademais da pena de cárcere, Fiscalía tamén solicita para o acusado unha multa de máis de 1.600 euros e indemnizacións que suman máis de 16.000 euros para os axentes de policía que sufriron feridas.

Con todo, a pesar de que o procesado atópase en situación administrativa irregular en España, o Ministerio Público non pide a súa expulsión do país ata que acceda ao terceiro grao penal, en caso de ser condenado.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...