InicioPolíticaO PP critica que os PGE constatan o "ningueno" de Sánchez a...

O PP critica que os PGE constatan o “ningueno” de Sánchez a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo e candidata á Alcaldía, Marta Fernández-Tapias, criticou este venres que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) constata o “menosprezo” do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a Vigo e evidencia as “promesas baleiras” do alcalde, Abel Caballero.

Así o sinalou Fernández-Tapias tras cualificar as contas de “un exercicio contable de mínimos” que ratifican o “ninguneo” do Executivo á principal urbe de Galicia. “Non podemos estar satisfeitos. Unha vez máis se castiga e desaténdese a Vigo desde o Estado. Sánchez vai terminar esta lexislatura cos impostos máis altos da historia ás empresas e ás familias da cidade e menos investimento que nunca”, lamentou a ‘popular’ nun comunicado.

Por iso, Fernández-Tapias avanzou que o PP presentará no Congreso e no Senado unha batería de emendas para corrixir o “pau” que sofren as grandes infraestruturas na cidade, que volven excluír da planificación demandas “históricas” como o soterramento da VG-20 ou a mellora dos accesos ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Tamén indicou que os orzamentos non recollen asignación para a Avenida de Madrid “onde non hai previsto gastar nada”, a pesar de que lembrou que fai cinco anos o Executivo de Mariano Rajoy “deixou orzada esta obra”. Tamén fixo mención á Biblioteca do Estado, da que dixo en ton irónico que “acumula tantos anos de atraso como localizacións anunciadas por Caballero”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...