InicioSociedadeConxemar opta por Hospital Vithas Vigo para a atención médica do evento

Conxemar opta por Hospital Vithas Vigo para a atención médica do evento

A feira, a máis importante das que se celebran en España no sector dos produtos conxelados, terá lugar desde este martes 4 ata o 6 de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Conxemar, a Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, volveu optar polo Hospital Vithas Vigo como servizo médico oficial da edición deste ano da súa feira, a máis importante das que se celebran en España no sector dos produtos conxelados, que se celebrará desde este martes 4 ata o 6 de outubro.

Desta maneira, o Hospital Vithas Vigo contará cun posto médico nas dependencias do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) con persoal médico, de enfermaría, e unha ambulancia medicalizada.

Persoal administrativo e de admisión completan a presenza do hospital, que permitirá dar unha rápida resposta a calquera incidencia de saúde, así como a calquera tipo de consulta médica que poidan ter os miles de visitantes ao recinto, que na edición deste ano amplía a súa superficie expositiva en 5.000 metros cadrados, superará o medio milleiro de expositores e contará con representación de máis de 40 países.

A participación de Vithas Vigo como soporte médico oficial de eventos non é nova. Desde hai anos dá soporte médico-asistencial ás probas da Word Surf Leage (WSL) –a proba máis importante de surf– en Galicia, tanto o campionato junior de Ferrol, como o absoluto que se disputa cada ano en Pantín; e, máis recentemente, foi soporte médico oficial doutra das grandes citas comerciais que se celebra en Vigo, Navalia 2022, entre outras.

Neste sentido, o xerente de Vithas Vigo, o doutor Ciro Cabezas, considera que o “hospital é un reflexo da sociedade na que está inmerso, e por iso, é moi importante que vaia da man do tecido empresarial da cidade”, apoiando, desde a súa posición como centro asistencial, “aquelas iniciativas que dan valor á sociedade”.

VALORES SAUDABLES

Neste caso concreto, destaca que os valores de Vithas son promover un estilo e uns hábitos alimenticios saudables, que coinciden co fomento dunha dieta que inclúa o consumo de produtos da pesca e a acuicultura, que apoian tanto Conxemar como Asociación, como os participantes na feira homónima.

Xa en outubro de 2021, o Hospital Vithas Vigo estivo presente nesta feira atendendo tanto a expositores, como a visitantes e organizadores da maior cita comercial de produtos conxelados que se celebra en España. Naquela ocasión, a realización de test de detección de covid, entón obrigatorios para viaxar a un bo número de países, foi a principal causa de atención. Con todo, tamén se atenderon outros problemas de saúde, ningún de gravidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...