InicioMedio Ambiente e PatrimonioEstás serán as catro Zonas de Baixas Emisións en Vigo

Estás serán as catro Zonas de Baixas Emisións en Vigo

O Concello optará a axudas do Goberno para cinco actuacións do programa Vigo Vertical

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo implantará na cidade catro Zonas de Baixas Emisións (ZBE) e presentará a súa candidatura para optar a axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) para esta medida, por valor de 4 millóns de euros, do total de 5,4 millóns que custará polas en marcha.

Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, a primeira zona implantarase no centro da cidade, no perímetro delimitado por Cánovas del Castillo, Praza de Compostela, Colón, Urzáiz, Gil, Rolda don Bosco, Paseo de Granada, Falperra, Llorente, Santa Marta e Gaiteiro Ricardo Portela.

Así mesmo, haberá unha segunda Zona de Baixas Emisións na contorna do Calvario, outra na contorna da Praza de Portugal e unha cuarta no perímetro interior do centro urbano de Bouzas. En total, as zonas suman unhas 67 hectáreas de superficie.

Tal e como apuntou alcalde, os criterios para definir estas zonas (densidade de poboación, actividade comercial e peonil, contaminación acústica, densidade de tráfico ou ausencia de zonas verdes próximas) están definidos xa na propia regulación, así como as medidas a adoptar.

Respecto diso, explicou que o Concello pedirá axudas por 4 millóns de euros para implantar estas ZBE, nas que se establecerán controis nos accesos e saídas, mediante cámaras e uso de intelixencia artificial, que permitirán, entre outras cousas, identificar matrículas e nivel de emisións dos vehículos.

O rexedor tamén sinalou que solicitará ao Goberno que prorrogue o prazo para implantar as ZBE, que remata a finais deste ano, porque “non lle vai dar tempo a ningún concello”, e vaticinou que esas zonas estarán listas en Vigo o ano que vén.

ACTUACIÓNS DE MELLORA DE MOBILIDADE

Por outra banda, Abel Caballero confirmou que o Concello solicitará outros case 6 millóns de euros de axudas ao Ministerio para cinco actuacións de mellora da accesibilidade e implementación de itinerarios peonís.

Trátase da instalación de ramplas desde o Colexio Losada a Ramón, as ramplas de Ramón Nieto ao Colexio Fonteoscura e ao centro de saúde de Lavadores, a rampla mecánica fronte ao centro de saúde de Teis, o ascensor entre Romil e Hispanidade, e o ascensor e a rampla entre Travesía de Vigo e Aragón.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...