InicioSociedadeConcellos e deputacións de toda España danse cita en Soutomaior para impulsar...

Concellos e deputacións de toda España danse cita en Soutomaior para impulsar a Axenda 2030

A convocatoria de subvencións da FEMP para impulsar accións nesta materia recibe máis de 800 solicitudes de proxectos municipais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Castelo de Soutomaior acolleu este martes unha reunión entre dirixentes de concellos e deputacións de toda España para celebrar o consello de goberno da Rede de Entidades locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Esta Rede conta actualmente con case 450 administracións locais adheridas para favorecer a coordinación dos municipios para alcanzar mellores resultados na implementación da Axenda 2030 e dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).

Durante este encontro, segundo informa a Deputación de Pontevedra, anunciouse que a convocatoria de subvencións para accións que impulsen a Axenda 2030 nas entidades locais recibiu máis de 800 proxectos por parte de todo o Estado. Un deles é ‘DEPO2030’, o presentado polo goberno provincial pontevedrés co obxectivo de sensibilizar e concienciar.

Precisamente, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, exerceu de anfitrioa e recalcou a importancia do “desenvolvemento” da Axenda 2030, ao ser unha “folla de ruta para cambiar un mundo moi complexo, que non se vai a poder cumprir se non a impulsa o mundo local, como xa está ao facer”.

Pola súa banda, o presidente do consello de goberno da Rede e alcalde de Palma de Mallorca, José Fía Vargas, asinou o Libro de Honra da Deputación, á que destacou como “exemplo a seguir na implementación dos ODS”.

Así mesmo, a Rede pola Axenda 2030 aprobou este martes crear novos grupos de traballo tras un proceso aberto o pasado mes de xuño. Tamén se anunciou a celebración da terceira asemblea e unha xornada sobre liderado local, en novembro en Barcelona.

O consello de goberno deste grupo da FEMP foi a antesala da xornada ‘ODS e Deporte’, que terá lugar este mércores no Auditorio Mar de Vigo coa participación do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco; entre outras actividades desenvolvidas ao longo desta semana na provincia.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...