InicioSucesosLiberdade provisional e orde de afastamento para unha detida por ameazar ás...

Liberdade provisional e orde de afastamento para unha detida por ameazar ás súas tías cunha pistola en Redondela

A Policía atopouna atrincheirada na vivenda e comprobou que a pistola era de fogueo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Redondela  acordou a posta en liberdade provisional dunha muller detida o pasado martes na parroquia redondelana de Cesantes, tras ameazar supostamente ás súas tías cunha pistola.

A muller está investigada por un delito de ameazas, e o xulgado acordou, así mesmo, imporlle como medida cautelar a prohibición de comunicarse e achegarse ás presuntas vítimas. Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron o pasado martes a esta moza na zona de Cesantes, como suposta autora dun roubo con violencia e ameazas graves a dous familiares.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pola tarde, cando o 091 recibiu un aviso sobre unha muller que ameazara cun arma de fogo ás súas dúas tías no interior dunha vivenda de Cesantes, e rouboulles os teléfonos móbiles.

Ao chegar ao lugar, os axentes entrevistáronse as vítimas que, moi nerviosas, explicaron que lograran fuxir e refuxiarse na vivenda dun familiar, despois de recibir ameazas por parte dunha sobriña, que tiña un arma de fogo e que se levou os seus teléfonos.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...