InicioCulturaSe queres coñecer o significado do Castro do Alto dos Cubos, en...

Se queres coñecer o significado do Castro do Alto dos Cubos, en Tui, de forma amena tes que facer esta visita

O programa “Historias cavadas” fai visitas teatralizadas aos xacementos arqueolóxicos. Este será o venres 16 de setembro ás 18.00 horas e o sábado 17 de setembro ás 12.00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Castro do Alto dos Cubos, en Tui, é un dos lugares onde se vai desenvolver o programa “Historias cavadas”. Trátase da segunda edición deste programa de visitas teatralizadas aos xacementos arqueolóxicos da provincia promovido pola Deputación de Pontevedra. No mesmo realizaranse dúas visitas ao Castro do Alto dos Cubos ou Cabeza de Francos, localizado nas abas do Parque Natural do Monte Aloia o venres 16 de setembro ás 18.00 horas e o sábado 17 de setembro ás 12.00 horas.

Ofértanse 30 prazas para cada visita, debendo as persoas interesadas realizar a inscrición e reserva a través do correo: historiascavadas2022@gmail.com. Esta actividade vén da man do teatro e da escenificación da compañía Troula Animación. Son visitas accesibles e inclusivas, coa posibilidade de intérprete de lingua de signos baixo demanda.

O obxectivo que se procura coas actividades nestes enclaves patrimoniais é que a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artístico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos sexa interpretado e chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuña do pasado e a indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara ao futuro.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...