InicioSucesosLocalizan decenas de armas, munición e explosivos nun trasteiro de Vigo, propiedade...

Localizan decenas de armas, munición e explosivos nun trasteiro de Vigo, propiedade dun militar falecido hai 27 anos

Había armas longas e curtas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo informou da localización de decenas de armas, munición e artefactos explosivos no trasteiro dunha vivenda da cidade, pertencente a un militar falecido hai 27 anos.

Segundo informaron fontes policiais, o achado produciuse a finais de agosto, cando familiares desa persoa dispúñanse a facer limpeza nese trasteiro e atoparon diversas armas e outro material militar, polo que deron aviso á Policía Nacional.

Ata o lugar desprazáronse efectivos policiais, que comprobaron a existencia dese arsenal gardado baixo chave, por procedérono a desaloxar a vivenda e mobilizaron a axentes TEDAX para retirar o material.

En total, recolléronse 21 armas curtas, un fusil automático, 7 granadas de morteiro e de man, un proxectil, munición de diferentes calibres, 2 canóns de escopeta e un fusil de pesca submarina.

Os efectos pertencían á persoa que fora propietario da vivenda, que era militar de profesión e que falecera hai 27 anos. Todas as armas, munición e explosivos serán analizados en dependencias policiais para comprobar o seu estado.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...