InicioSociedadeFalece Antonio Collazo, referente do movemento veciñal de Vigo

Falece Antonio Collazo, referente do movemento veciñal de Vigo

Foi presidente da Asociación Veciñal de Teis durante 23 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis lamenta o falecemento do que foi o seu presidente ao longo dos últimos 23 anos, Antonio Collazo Collazo. Unha noticia que, explican, coñeceron na tarde este martes. “Desde a xunta directiva queremos trasladarlle o noso máis sentido pénsame a familia de de Antonio Collazo”, recollen no comunicado.

Xa na asemblea da Asociación celebrada o pasado 29 de abril, para elixir a nova xunta directiva para o período 2022-2025, comunicara a súa decisión persoal de non continuar no cargo. “Foi un home entregado coa Asociación Veciñal de Teis, á que dedicou máis de 23 anos da súa vida de xeito desinteresado. Pola súa longa traxectoria e implicación, era un dos referentes do movemento veciñal de Vigo”, explican os compañeiros.

“Sempre foi unha persoa de ideas de esquerda e comprometido co seu pobo, pois ademais de implicarse co movemento veciñal, participara tamén no movemento sindical”, prosegue a Asociación, que tamén destaca a súa faceta humana: “honesto, comprometido, solidario, dialogante. Que se facía querer por calquera persoa que o coñecía. Un home de ben”.

“Sentíase profundamente orgulloso de ser Teis e traballou arreo pola veciñanza de Teis.  Nunca te esqueceremos e sempre estarás na nosa memoria”, finaliza a Asociación.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...