InicioVigo e contornaVigoA Policía Nacional de Vigo participa nun reto solidario contra unha enfermidade...

A Policía Nacional de Vigo participa nun reto solidario contra unha enfermidade rara

Un axente fixo 100 quilómetros de Vigo a Santiago nun só día para recadar fondos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Delegación de Participación Cidadá da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela apoiou a iniciativa dun axente que participou nun reto solidario para recadar fondos contra a enfermidade rara Charcot Marie Tooth, coñecida tamén como neuropatía motora e sensitiva hereditaria, unha doenza neuromuscular dexenerativa que afecta a preto de 18.000 persoas en España.

Así, o reto consistía en realizar o Camiño de Santiago desde Vigo á capital galega en 24 horas, camiñando e correndo. Máis de 100 quilómetros nun só día, para recadar fondos a favor da Asociación sen ánimo de lucro ‘O motor dos teus pasos’, que investiga dita enfermidade. A iniciativa comezou ao cinco da madrugada, con saída desde a Guía, na cidade olívica, logrando chegar a Santiago no tempo que se propuxo, superando así o seu propio reto persoal.

ÚLTIMAS

Detidos tres homes polo violento asalto a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a 3 homes como supostos...

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Detectan vermes de mosquito tigre en Mos

A Consellería de Sanidade de Galicia informou este mércores da detección de vermes de...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...