InicioSucesosBuscan un pescador desaparecido en Cabo Udra, en Bueu

Buscan un pescador desaparecido en Cabo Udra, en Bueu

Medios por mar e terra inspeccionan a contorna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Buscan un pescador desaparecido desde a noite do venres na zona do Cabo Udra, no concello de Bueu. Segundo informa o 112, medios por mar e terra inspeccionan a contorna na procura do pescador, cuxa alerta de desaparición foi recibia esta tarde por parte da Policía Local.

Foi a súa parella a que comunicou ao corpo de seguridade a falta do home, que saíra de casa cara ás 21,00 horas do venres para pescar na punta de Cabo Udra. Ante a falta de noticias, activouse un operativo de busca por mar e terra, do que aínda non hai novidades.

Pola súa banda, e tras o aviso do persoal do 112, Salvamento Marítimo mobilizou varios recursos, como o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia e o Helimer, e tamén se sumou unha embarcación da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...