InicioEconomíaA delegada da Xunta lamenta que as obras do ascensor Halo atrasen...

A delegada da Xunta lamenta que as obras do ascensor Halo atrasen “aínda máis” a apertura da estación de buses

Esixe ao goberno local que axilice os trámites para que se poida abrir canto antes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou que as obras do ascensor Halo, que o Concello iniciará o vindeiro martes, atrasarán “aínda máis” a apertura da estación de autobuses intermodal da cidade, situada nas inmediacións de Vialia.

Neste sentido, Fernández-Tapias subliñou que a comisión de seguimento do convenio constatou no seu último encontro que estas actuacións sobre os viarios recentemente asfaltados interferen directamente nos accesos da terminal.

Así mesmo, indicou que na reunión se informou de que os técnicos do Ministerio de Transportes só autorizaron a apertura do conxunto das obras, sen exporse autorizar escenarios intermedios.

“A información que nos trasladan é que mentres que os accesos non se completen non se poderá abrir a estación“, criticou Fernández-Tapias.

Por todo iso, a representante autonómica esixiu ao goberno local que axilice os trámites para que se poida abrir canto antes a estación, despois de que a Xunta xa acabase a súa parte da obra hai xa dous meses.

“Despois de investir 18 millóns de euros o que está a desexar a Xunta é poder pór en servizo dos cidadáns, canto antes, esta estación”, sentenciou Fernández-Tapias.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...