InicioVigo e contornaMosChamada a reducir o consumo de auga na Louriña e o Baixo...

Chamada a reducir o consumo de auga na Louriña e o Baixo Miño pola seca

As altas temperaturas e a escaseza ou ausencia de choivas desde hai semanas xa empezan a ter consecuencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As altas temperaturas e a escaseza ou ausencia de choivas desde hai semanas xa empezaron a ter consecuencias nos concellos galegos, con chamadas a moderar o consumo de auga e mesmo restricións. Así, o Consorcio de Augas do Louro, a entidade que xestiona o ciclo de auga para os concellos pontevedreses do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas, activou o seu plan de emerxencia por seca e o estado de prealerta.

O organismo contactou cos concellos consorciados, así como con outros concellos que reciben servizos do Consorcio (Tomiño, O Rosal e A Guarda), para que adopten medidas de redución do consumo.

Así, fíxose un chamamento tanto ás entidades públicas como aos cidadáns para restrinxir regas, evitar o lavado innecesario de coches, limitar o enchido de piscinas ou reutilizar auga, para anticiparse “a un posible episodio futuro de escaseza”.

Todo iso en consonancia coas recomendacións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e de Augas de Galicia, que mantén a declaración de situación de seca prolongada en toda a demarcación Galicia-Costa.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...