InicioMedio Ambiente e PatrimonioTomiño organiza unha saída ao Monte Tetón, co maior petróglifo en círculos...

Tomiño organiza unha saída ao Monte Tetón, co maior petróglifo en círculos concéntricos de Europa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro xoves, 23 de agosto ás 20.00 horas terá lugar a derradeira xeira, para todos os públicos e gratuíta, do programa de verán “Tomiño Único”. Nesta ocasión realizarase unha saída denominada “O Monte Tetón. A paisaxe tatuada”, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), que será guiada polo experto Xosé Lois Vilar.

Na mesma, o punto de encontro será a zona coñecida coma o Alto do Padrón, na estrada Tomiño-Gondomar, ás 20.00 horas. Nesta ligazón atópase a situación exacta da zona.

A visita, dunhas dúas horas de duración, consistirá nun paseo polos principais petróglifos do Monte Tetón (Portaxes e de Real Seco), dentro do Parque Arqueolóxico do mesmo nome. Ambos os dous forman parte dunha ruta sinalizada e atópanse perfectamente delimitados, cunha plataforma de madeira para poder observalos sen ningún perigo. A antigüidade do conxunto remóntase aos anos 3000-2000 antes de Cristo.

O petróglifo de Portaxes é o maior en círculos concéntricos de toda Europa. Por enriba dos gravados sitúase o Monte Tetón (474 m), dende onde pode desfrutarse dunhas magníficas vistas do Val Miñor e O Baixo Miño.

Monte Tetón/ Concello de Tomiño

 

Coma en outras anteriores, nesta última xeira contarase tamén coa colaboración de intérpretes de lingua de signos, de xeito que as persoas con problemas de audición poidan desfrutar tamén desta interesante proposta cultural, natural e etnográfica. Non é necesario anotarse previamente.

Os organizadores recomendan levar calzado e roupa cómoda, algo de abrigo e auga.
Segundo informa a concelleira Fátima Rodríguez, o Concello está a ultimar distintas melloras nas pasarelas e varandas do Parque arqueolóxico, para que a xente poida visitar a zona con total seguridade.

ÚLTIMAS

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...